Bocixa/ Raquel Rei . Os días 3 e 4 de xullo tiveron lugar en Santiago de Compostela unhas xornadas lúdicas e formativas arredor da diversidade sexual. Achegámonos por alí e falamos con Rute Cortiço e Fernando Chouzinho.
Xornadas de Diversidade Sexual en Compostela.
O primeiro día, este venres 3 de xullo, tivo lugar ás 19.30 un taller de caricias. Xa ás 20.30 recitaron varias poetas galegas, e despois houbo un concerto do grupo Tetra & Freek e á batukada de Trópico de Grelos. Asistimos ao taller, e tamén escoitamos a Pilar Beiro, recitando versos de Andrea Núñez, e a Xiana Arias. O sábado 4 de xullo, a xornada desenvolveuse baixo o epígrafe "con P de puta". Rute Cortiços moderou os debates: o primeiro, á 13.00, co título "a prostitución a debate: abolicionistas", contou coa participación de Ana Valsarbe, de Mulheres Livres, e o segundo, ás 16.30 ("prostitución a debate: regulacionistas"), coa participación de Laura Bugallo. Despois dos debates, actuou Clara Gayo , co seu monólogo Stress. Logo dun novo recital, a partir das 21.00, subiron ao escenario o grupo de rock Tungsteno e Leo, punk de autor. A Asociación "O que nos sae da cona", organizadora do evento, quere agradecerlles aos locais As Dúas, Ultramarinos, El Matadero, Tarasca, O Curruncho, Restaurante Porta do Camiño e Pizza Polo a súa colaboración nestas xornadas da diversidade sexual.
Descargar Tarifas