PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Non se formula reunirse con Galicia Bilingüe
O BNG alerta dunha 'desgaleguización brutal'

Redacción .  O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, descarta unha reunión entre nacionalistas e a asociación Galicia Bilingüe (que mantivo un encontro con membros do grupo parlamentario do PSdeG) ao considerar que teñen pouco que intercambiar. O líder nacionalista alerta da 'desgaleguización brutal' que vive o país na actualidade.

Reloxo 04.07.2009 | 17:17

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. AGN

Guillerme Vázquez pensa que non se trata dunha actitude "antidialogante", porque entende que esta asociación -que renomeou "Galicia monolingüe (en castelán)"- "tampouco ten ningún interese" en sentar co Bloque.

Durante un receso da reunión do Consello Nacional da fronte, que celebra hoxe en Teo o primeiro encontro tras a súa renovación, o líder nacionalista fixo fincapé en que Galiza vive “unha desgaleguización brutal”. Ademais, condenou a falla de respecto dos dereitos lingüísticos e retou a comprobalo en ámbitos como a xustiza ou mesmo o bancario.

A lingua tamén foi un dos temas abordados polo Consello, segundo comentou Vázquez en rolda de prensa. Neste sentido, censurou que o Goberno da Xunta estea "moi centrado en atacar" o idioma propio en lugar de ocuparse dos asuntos que preocupan aos galegos.

Con respecto á enquisa aos pais sobre o idioma no ensino, volveu criticar que o Executivo de Feixóo recorra a un "estudo supostamente científico" para "xustificar algo" que xa ten previsto realizar.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río