PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
NO POLÍGONO DE TORNEIROS DO PORRIÑO
Novo centro galego de investigación sobre láser

Redacción .  O Consello da Xunta aprobou esta semana achegar 1,28 millóns de euros para a construción dun centro de aplicacións láser no Porriño. O custo total da cal ascenderá a 4,3 millóns, e no que se desenvolverán investigacións en materia de soldadura, o tratamento de superficies e o conformado láser.

Reloxo 03.07.2009 | 17:52
TAGS: i+d+i , laser , aimen ,

Equipo de láser industrial Equipo de láser industrial. Aimen Deste modo, o Goberno galego deu o visto bo á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Centro Tecnolóxico da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen), que será a titular do centro, co que a Xunta pretende converter a Galicia no "centro de referencia" neste ámbito.

O 70 por cento dos fondos (3 millóns de euros) serán achegados polo Goberno central, mentres que o resto serán custeados pola Xunta, que transferirá 28.300 euros en 2009; 581.184 en 2010; e 671.323 en 2011.

As instalacións estarán situadas nunha parcela de 6.612 metros cadrados no polígono de Torneiros, en Porriño, e nelas traballarán "un mínimo" de 15 investigadores especializados en tecnoloxía láser e 20 técnicos cualificados para a utilización de equipos láser.

Con este proxecto foméntase, segundo indicou a Xunta, o desenvolvemento da tecnoloxía láser no procesamento dos materiais metálicos, téxtiles, plásticos, de cerámica e outros materiais, o que indiciará no "fortalecemento" de empresas de sectores como o da automoción, a construción naval, a fabricación dos bens de equipo, a aeronáutica, a petroquímica, o eólico e o téxtil, entre outros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río