PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Non adianta datas
Lorenzo: 'O resultado da consulta aos pais será público'

Europa Press Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, adiantou este venres que os datos da enquisa sobre o uso do galego no ensino que se lles pasou aos pais serán publicados. Iso si, non soubo dicir nin cando nin de que xeito.

Reloxo 03.07.2009 | 17:31

Estudantes de ensino medio Estudantes de ensino medio. Paco Vilabarros O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que os resultados do proceso de consulta aos pais sobre o uso do galego nas aulas serán "públicos", aínda que aclarou que por agora haberá que "esperar" para coñecelos e que se anunciarán "cando estean".

En declaracións aos medios, Lorenzo explicou que os formularios están recollidos pero que por agora "non se sabe a participación" xa que "un equipo da Consellaría de Educación" está a traballar no reconto.

"Non teño noticia", lamentou Lorenzo ao ser preguntado polos resultados do proceso. A pesar diso, avanzou que os devanditos resultados da consulta "serán públicos" e que os datos "cando estean, vanse dar a coñecer".

Finalmente, o responsábel de Política Lingüística tampouco avanzou detalles sobre o formato en que se presentarán os devanditos datos en canto se fagan públicos (por centros, localidades...).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río