PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Xunto a vascos, casteláns e navarros
Os equipos galegos, descontentos co grupo I de 2ª B

Redacción .  A Comisión de clubs de Segunda División B aprobou a proposta de composición dos catro grupos. Os galegos quedan encadrados no primeiro, xunto con vascos, navarros e castelán-leoneses. O Rácing de Ferrol xa expresou o seu desgusto con esta proposta, que cualifica de 'chafallada'

Reloxo 03.07.2009 | 13:18

Partido entre o Rácing de Ferrol e o Pontevedra Partido entre o Rácing de Ferrol e o Pontevedra. AGN

Os seis equipos galegos de Segunda B: Cidade de Santiago, Celta B, Pontevedra FC, CD Lugo, SD Compostela e Rácing de Ferrol quedarían encadrados no grupo I da terceira categoría do fútbol estatal. Acompañaríanos na competición os combinados castelán-leoneses da Cultural Leonesa, Ponferradina, Guijuelo, Zamora, Palencia e Mirandés. Estarían tamén os seis conxuntos vascos: Alavés, Éibar, Lemoa, Bilbao Athletic, Barakaldo e Sestao River, así como tamén os dous navarros: Osasuna B e Izarra.

Entre algúns clubs galegos xa se amosou o desgusto por esta proposta. O Rácing de Ferrol cualificou de “chafallada” a organización, amais de considerala "indignante e inadmisíbel" para os intereses dos equipos de Galiza. Dende o equipo departamental sinálase tamén que os grupos III e IV da categoría foron aprobados por consenso e sinálase que houbo “favores descarados” que provocaron a actual composición.

O descontento dos equipos galegos está motivado principalmente por ser excluídos do seu grupo os asturianos e cántabros, ademais de contar con viaxar esta tempada ás Illas Canarias. Polo tanto, esta tempada non recibirán a achega económica que supón ter que trasladarse ao territorio insular. Así mesmo, tampouco gusta a introdución dos vascos no mesmo grupo, xa que dous deles, Alavés e Eibar, descenderon de categoría a pasada temporada e son dous firmes candidatos ao ascenso.

Descensos administrativos

Esta proposta ten carácter provisional e será definitiva cando se coñeza a situación económica de equipos de Segunda División A e B. As posíbeis vacantes serían ocupadas por equipos que xogaron a fase de ascenso á categoría de bronce.
 
No que atinxe a Galiza, o caso máis dubidoso é o do Cidade de Santiago. No hipotético caso de que desaparecese a súa praza sería ocupada polo mellor clasificado na promoción de ascenso entre os participantes de Castela e León, Euskadi, Navarra e Gaiiza. Se pola contra baixa de categoría, o seu posto sería ocupado polo subcampión galego de terceira division, neste caso o Montañeiros da Coruña.

Grupo I da 2ª B

Celta B

Pontevedra

Rácing de Ferrol

Cidade de Santiago

Compostela

Lugo

Ponferradina

Cultural Leonesa

Guijuelo

Zamora

Palencia

Mirandés

Alavés

Éibar

Bilbao Athlétic

Lemoa

Sestao River

Barakaldo

Osasuna B

Izarra

Os demais grupos

Grupo II: Alcalá, Alcorcón, Atlético B, Cacereño, Cerro Reyes, Conquense, Fuerteventura, Gimnástica de Torrelavega, Guadalajara, Lanzarote, Leganés, Mérida, Oviedo, Puertollano, Rácing de Santander B, Castilla, Spórting de Xixón B, Toledo, Universidad de Las Palmas e Vecindario

Grupo III: Alcoyano, Alacante, Badalona, Barcelona Athlètic, Benidorm, Dénia, Espanyol B, Gavá, Gramenet, Lleida, Mallorca B, Ontinyent, Orihuela, Sabadell, Sant Andreu, Spórting Mahonés, Terrassa, Valencia Mestalla, UD Logroñés e Vila-Joiosa.

Grupo IV: Águilas, Betis B, Caravaca, Ceuta, Atlético Ciudad, Écija, Granada, Jaén, Linares, lorca, Lucena, Marbella, Melilla, Murcia B, Polideportivo Ejido, Roquetas, San Roque, Sangonera, Sevilla Atlético e Unión Estepona.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río