PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Presentación en Cambre
Susana Seivane recupera os seus soños nun disco

Redacción .  No Obradoiro de Gaitas Seivane, que a viu nacer como artista, presentou 'Os soños que volven', acompañada polas 'pandereteiras de Ardebullo', Nucha e Mucha.

Reloxo 03.07.2009 | 12:54

Susana Seivane, no obradoiro de seu avó Susana Seivane, no obradoiro de seu avó. X. Bocixa "Soñando soñei que soñaba / soño de doce soneira / cando o soño remataba / soñaba con ser gaiteira". Dende que tiña tres anos e mirou a súa primeira gaita até os 20, en que arrincou a súa carreira profesional, os soños de Susana Seivane teñen a música tradicional galega como pano de fondo. Este seu traballo é "unha mirada atrás sobre as pegadas que a música galega foi deixando na alma". Fixo a presentación, como non podía ser doutro xeito, no seu "berce", vital e artístico: o Obradoiro de Gaitas Seivane.

Os soños que volven ve a luz xusto 10 anos despois da gravación do seu primeiro disco, Susana Seivane. Seguíronlle Alma de Buxo e Mares de Tempo. Atopamos aquí 14 temas que suxiren momentos e lugares de especial transcendencia na súa vida: a maioría son mesturas de pezas tradicionais,e hai tamén unha peza de Carlos Justo, outra de Julio Amado, e unha lembranza a Nazario González "Moxenas", tres grandes compositores" de obras con verdadeiro sabor galego".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río