PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Exitazo da enquisa
Non coñecemos aínda os resultados da famosa enquisa que promoveu a consellería de Educación da Xunta para coñecer a opinión dos pais sobre u uso do galego nos centros de ensino, pero é previsíbel que, previamente cociñada, sexa presentada polo PP como un éxito.
 03.07.2009 | 12:16

En todo caso, a enquisa volveuse en contra dos promotores, xa que puxo ao descuberto cousas que moitos descoñecían: a actual normativa sobre a utilización do galego ten como fundamento xurídico a Lei de Normalización Lingüística de 1983, aprobada por unanimidade do Parlamento Galego, cando gobernaba o PP; o actual Decreto, aínda en vigor, o único que fai é desenvolver o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, tamén aprobado por unanimidade da cámara galega, cando o PP tiña maioría absoluta e a Xunta era presidida por Fraga; é dicir había o máximo consenso posíbel, a unanimidade. Agora resulta que o PP di que durante estes anos o galego foi imposto por quen gobernaba, é dicir, polo PP. Este despropósito, unha auténtica agresión ao galego, funcionou moi ben como propaganda na campaña das eleccións ao Parlamento Galego e permitiu ao PP acadar a maioría absoluta.
Coas medidas tomadas nos primeiros meses de goberno, a Xunta do PP ten o país patas arriba, creando crispación social e o desprestixio da lingua galega. A reacción social foi inmediata: nove mozos científicos galegos, que traballan en institucións internacionais, como o CERN de investigación nuclear, confirmaban a utilidade do galego para tratar linguaxe científica e para comunicarse con 250 millóns de persoas. A propia Real Academia Galega criticaba que as iniciativas do Executivo de Feijoo “sexan todas desprotectoras do galego”.
Aquí non houbo ningunha imposición do galego; non é verdade que os nosos estudantes perdesen competencia lingüística en castelán; o informe Pisa sinala que o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española, e tamén do inglés. O PP Chama a recuperar un consenso, que xa existiu durante 25 anos, cando son os principais responsábeis da súa ruptura; e todo por un puñado de votos.
É difícil atopar un rexeitamento tan masivo como o conseguido ante a iniciativa da enquisa da consellería de Educación. Crítica unánime de todos os sindicatos, da Federación da Nais e Pais de Centros Públicos, do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, do Instituto da Lingua Galega, da Coordinadora Galega de Equipos e Normalización e Dinamización Lingüística de toda Galicia, dos directores de centros de ensino, da Mesa pola Normalización Lingüística. Os Departamentos de Filoloxía das tres universidades galegas criticaban duramente ao goberno de Feijoo: “O primeiro da historia da democracia que lexisla en contra da lingua do país e que goberna e actúa segundo intereses alleos a Galicia”.
Coa famosa enquisa o PP conseguiu unha cousa realmente difícil: poñer de acordo aos máis diversos sectores sociais en contra dunha iniciativa da Xunta; realmente, ¡un exitazo!

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río