PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Ante un amplo despregue policial
Obreiros do metal tentan acceder ao porto de Marín

Europa Press Uns mil traballadores do sector do metal intentan acceder ao interior do recinto portuario de Marín e protestan lanzando porcas e petardos ante a sede de Factoría Naval -estaleiro no que se constrúen iates de luxo- e contra os efectivos policiais despregados no lugar.

Reloxo 03.07.2009 | 12:14
TAGS: CIG , metal , folga , Marín , Pontevedra ,

Obreiros do metal en folga Obreiros do metal en folga. Paco Vilabarros

Máis de 30 furgóns da Policía Nacional controlan todas as entradas ao porto e os axentes antidisturbios cargaron as súas escopetas con pelotas de goma e preparan unha primeira intervención.

O sindicato CIG trasladou hoxe a Marín e Pontevedra as súas protestas para reclamar un novo convenio colectivo do sector metalúrxico da provincia, onde a central nacionalista asegurou que detectou "fugas" no marco da folga.

Pola súa banda, os delegados de CC OO non se trasladaron a ambos os dous puntos, aínda que indicaron que quedaban en Vigo en apoio á iniciativa. Fronte a esta postura, a UGT desmarcouse totalmente da folga.

Os manifestantes, que chegaron nuns 25 autobuses á capital pontevedresa e, posteriormente, desprazáronse até a vila marinense, obrigaron a cortar o tráfico da Avenida de Ourense -principal vía de comunicación entre Marín e Pontevedra- en sentido ao centro desta localidade.

Os traballadores, tras un intento frustrado de entrar ao recinto logo de romper un valo, recrimínanlle aos empregados de Factoría Naval, ao berro de 'esquiroles', que non suspendan a súa actividade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río