PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Xesto 'indecoroso' no Parlamento
Os cornos que fixeron dimitir o ministro de Economía luso

Redacción .  O Ministro de Economía e Innovación de Portugal, Manuel Pinho, presentou a súa dimisión, xa aceptada polo xefe de Goberno, o socialista José Sócrates, tras facer no Parlamento un 'xesto indecoroso' cara ao portavoz do Partido Comunista.

Reloxo 03.07.2009 | 09:55

Manuel Pinho, ex ministro luso de Economía Manuel Pinho, ex ministro luso de Economía

Pinho, que ostentaba o cargo desde 2005, simulou uns cornos coas súas mans, xesto que dirixiu ao portavoz dos comunistas lusos, Bernardino Soares, despois de que lle recriminase a súa actitude por un problema laboral xurdido nas minas de Aljustrel, ao sur do país.

Soares, que considerou a acción "pouco educada", solicitou a dimisión de Pinho que, a pesar de pedir desculpas rapidamente, xustificou a súa reacción ao sentirse ofendido polas acusacións do deputado comunista.

Segundo recolle elEconomista, a complicada situación laboral que viven as minas de zinc de Aljustrel, no Alentejo, son a orixe do incidente entre Pinho e Soares. O líder comunista acusou o ministro de limitarse a visitar a zona para "entregar cheques", o que provocou a reacción por parte do ministro.

O substituto

O responsábel de Finanzas, Fernando Teixeira dos Santos, será o encargado da carteira do ministro saínte, polo que acumulará ambas até as eleccións lexislativas do próximo setembro.

O primeiro ministro portugués lamentou o comportamento de Pinho e declarou, tras o final do debate do Estado da Nación, que foi un "xesto fatal", pero salientou que o Goberno redimiu o "episodio" inmediatamente.

“Agradezo o feito de que Manuel Pinho comprenda que non tiña que realizar este xesto e teño a certeza de que está arrepentido e laméntao", engadiu.

Sócrates tamén tivo palabras de recoñecemento para o ministro saínte e indicou que "deu o mellor estes catro anos ao servizo do país, especialmente en relación ás minas de Aljustrel". "Sei o empeño que mostrou para que algunha empresa comprara as minas coa fin de evitar a quebra. Son consciente do que custa oír críticas inxustas no Parlamento".

A dimisión de Pinho, o sexto cambio de ministros desde que o Partido Socialista conseguiu a maioría absoluta en 2005, marca o último gran enfrontamento político entre o Goberno e a oposición no Parlamento antes de que se celebren as eleccións lexislativas o próximo 27 de setembro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río