PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Comeza a operación verán
Tráfico prevé 7,6 millóns de desprazamentos na rede viaria

Europa Press A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé, aproximadamente, 7,6 millóns de desprazamentos entre os meses de xullo e agosto nas estradas de Galiza, o que supón o 9 por cento dos 84 millóns de movementos de vehículos como consecuencia das vacacións de verán. A primeira fase do operativo comeza hoxe.

Reloxo 03.07.2009 | 08:07
TAGS: tráfico , operación , verán ,

. Otto/AGN

Na primeira fase da denominada 'Operación de Tráfico de Verán 2009', que se desenvolverá dende hoxe e até o 5 de xullo, a DXT estima uns 316.000 movementos por estrada na Comunidade galega, o que supón un oito por cento de todo o Estado.

En concreto, segundo os datos da DXT, no mes de xullo Galiza  rexistrará uns 3.649.500 desprazamentos, mentres que no mes de agosto Tráfico prevé 3.910.500 movementos por estrada, o 9 por cento dos máis de 43 millóns que esperan no conxunto do Estado.

As estradas de Galiza que se verán afectadas cunha maior intensidade de tráfico na primeira fase da operación estival, que se desenvolverá dende as 15.00 horas do día 3 até a media noite do domingo 5, son a AP-9, AP-53, AG-53, A-6, A-52, A-55, N-550 e a N-634.

Operativos especiais

Ademais, Tráfico pon en marcha operativos especiais para achegar "maior seguridade e fluidez" nas datas punta (fins de semana, pontes, principios de mes e cambios de quincenas). Durante todo o verán se prestará especial atención ás fins de semana cando se rexistra maior movemento de vehículos, xa que segundo a DXT, os costumes españois evolucionaron nos últimos anos e xa non se inician os días 1 e 15 de cada mes, se non coincidindo coas fins de semana.

Por iso, a primeira das operacións especiais desenvolverase durante esta fin de semana e continuaranse dispoñendo as fins de semana do 10 ao 12 de xullo, do 17 ao 19 de xullo, do 7 ao 9 de agosto e do 21 ao 23 de agosto.

Tamén está previsto poñer en marcha dispositivos especiais do 24 ao 26 de xullo, coincidindo coa festividade de Santiago nas comunidades de Galiza, Madrid, Navarra e A Rioxa; o 1 e 2 de agosto, polo inicio de vacacións do mes; do 14 ao 16 de agosto, pola ponte festiva e celebración do 15 de agosto; e do 28 ao 31 de agosto, polo final de mes e coincidencia con fin de semana.

Horas de maior concentración

A DXT indicou que espera que as estradas e horas con maior afluencia de tráfico sexan:

-En Lugo, a N-634 e a N-642 o venres entre as 15.00 e as 23.00 horas; o sábado entre as 8.00 e as 23.00 horas e o domingo entre as 10.00 e as 22.00 horas, en concreto, os puntos conflitivos serán na Nacional VI no quilómetro 494 (Nadela) e na N-634 no enlace coa a-8 en Barreiros.

-En Ourense, as estradas máis afectadas serán a A-52, N-120, N-525, N-540, OU-540 e a N-541 e as horas de maior intensidade serán o venres de 16.00 a 22.00 horas, o sábado de 10.00 a 20.00 horas e o domingo entre as 14.00 e as 20.00 horas e os puntos máis conflitivos serán os relacionados coa cidade de Ourense.

-Pola súa banda, en Pontevedra estarán especialmente afectadas as estradas AP-9, A-52, A-55 e N-550, o venres de 16.00 a 23.30 horas, o sábado de 11.00 a 23.30 horas e o domingo entre as 11.00 e as 23.30 horas. Os puntos máis conflitivos serán os accesos á cidade de Vigo, o enlace da A-52 coa A-55, a N-550 e a N-640 ao seu paso por Caldas de Reis, o acceso a Pontevedra e as zonas turísticas das Rías Baixas.

-Por último, a Garda Civil de Tráfico recomenda utilizar a autovía A-6 ou a AP-9 para os accesos á Coruña a través da nacional VI, evitar o paso por Santiago e enlazar Compostela con Ourense a través de a AP-53 en lugar de a N-525.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río