PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Nova sección en ANT Diario
Entrevistas analóxicas nun diario dixital

Redacción .  Mañá inicia A Nosa Terra Diario unha nova sección, 'Entrevistas analóxicas', que permitirá coñecer aqueles aspectos máis ocultos dos famosos galegos. Permanezan atentos!

Reloxo 02.07.2009 | 20:37

Un famoso en versión analóxica Un famoso en versión analóxica

Eva Estévez acende o polígrafo e prende o flexo. Do outro lado non está Sharon Stone a punto de descruzar as pernas senón todos os famosos de Galiza a punto de confesaren como se estivesen diante do Padre Casares o seu lado máis informal, o que habitualmente non sae nas noticias.

Mañá, a xornalista preséntanos os segredos dun dos homes máis famosos de Galiza. Coñecido con gheada e sen gheada, ía para xuíz e acabou ben lonxe dos xulgados. Tan querido que nin saír facer footing pode sen que o paren cada 20 metros, tan fundamental na nosa historia recente que hai toda unha xeración de artistas que poderían levar o seu nome como apelido. Xa saben quen é?

Cada dous venres, unha personalidade de sona en Galiza asómase ao balcón de A Nosa Terra Diario para crebar tópicos, compartir sorrisos e, sobre todo, burlar os límites da pantalla e lograr esa terceira dimensión que nos fai máis humanos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río