Europa Press . O Goberno galego autorizou hoxe o calendario laboral que rexerá no 2010 na comunidade galega. Nel figuran como festivos autonómicos o 19 de marzo -Día de San Xosé- e o 17 de maio -Día das Letras Galegas-, en 'substitución' do 25 de xullo -Día de Galiza- e do 15 de agosto -Día da Asunción-, que coincidirán en domingo o próximo ano.
Así o confirmou o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que deu luz verde a un calendario de 12 días que se consideran festivos laborábeis, é dicir, de carácter retribuído e non recuperábeis. Deste xeito, en 2010 serán festivos en Galiza, ademais do 19 de marzo e do 17 de maio, o 1 de xaneiro -Aninovo-, o 6 de xaneiro -Día de Reis-, o 1 de abril e o 2 de abril -Xoves e Venres Santo-, o 1 de maio -Festa do Traballo-, o 12 de outubro -Día da Hispanidade-, o 1 de novembro -Todos Os Santos-, o 6 de decembro -Día da Constitución-, o 8 de decembro -Día da Inmaculada- e o 25 de decembro -Nadal-. A estes días sumaranse os festivos locais de cada municipio, que lle corresponde fixar aos Concellos.
Cámaras fotografían a Alberte Núñez Feixóo na reunión do Consello da Xunta.
Descargar Tarifas