PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Presume de ser o grupo 'máis activo'
O PSdeG acusa o PP de 'silenciar' o Parlamento

Redacción .  O Grupo Socialista reivindicouse hoxe como o grupo 'máis activo' no Parlamento durante o primeiro período de sesións desde que o PP accedeu ao Goberno da Xunta, á vez que acusou o Grupo Popular de 'intentar paralizalo' e 'mirar ao pasado'.

Reloxo 02.07.2009 | 15:14

Xaquín Fernández Leiceaga Xaquín Fernández Leiceaga. Pepe Ferrín/AGN En rolda de prensa para realizar un balance do período de sesións, o portavoz do PSdeG no Parlamento, Xaquín Fernández Leiceaga, esgrimiu que, en dous meses de actividade parlamentaria, o seu grupo foi responsábel do 46 por cento das iniciativas que se substanciaron nos plenos e o 44 por cento das que se abordaron nas comisións.

Así, contrastou este labor de "impulso e control ao goberno" dos socialistas galegos "coa política de adormentar" a Cámara que, ao seu xuízo, seguiron os 'populares". "Non lles interesa que o Parlamento funcione", destacou, e engadiu que esta circunstancia demostra "que non hai Goberno".

No primeiro período lexislativo, a Presidencia do Parlamento aplicou de forma estrita o Regulamento, o que implica que os grupos dispuxeron dunha cota máxima de iniciativas de impulso nestes dous meses hábiles. Aínda que esta fórmula non afectou nin a socialistas nin a 'populares', o BNG perdeu peso respecto da lexislatura pasada e, de feito, no último pleno non puido incluír unha proposición non de lei.

“Silenciamento”

Nesta liña, criticou que as comparecencias dos conselleiros para explicar as liñas de actuación dos seus departamentos fosen "tardías" e, na súa maioría, "nas comisións", no canto de producirse nos plenos parlamentarios.

Para Leiceaga, con isto, o PP "trata de reducir a conexión entre a dinámica parlamentaria e os problemas dos cidadáns" e, por iso, "silencia o Parlamento, outórgalle un papel menor e dificulta" que a sociedade galega poida coñecer as propostas dos conselleiros a través dos seus representantes no Hórreo, expuxo.

No seu balance sobre o período de sesións, censurou o método utilizado para a tramitación dos tres proxectos de lei promovidos pola Xunta, que foi o de lectura única, "o que limita a actividade repousada e reflexiva dos grupos da oposición".

Iniciativas pendentes

Así mesmo, indicou que "máis do 90 por cento" das iniciativas presentadas polos socialistas "quedaron pendentes de tramitación". "Non é sensato nin favorece a tarefa de impulso e control do Goberno que o Grupo Popular sexa o que leve máis iniciativas", agregou.

Por iso, Leiceaga considerou "imprescindíbel" para a vida parlamentaria que o PP recoñeza que "hai dous grupos na oposición" e que o hemiciclo "non está dividido en goberno e oposición, senón en tres grupos parlamentarios". "Ten que haber espazo para todos", advertiu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río