PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Concertos en tres cidades
Descarga ao Vivo fusionará música galega e cubana

Redacción .  Esta é unha viaxe de volta: logo da convivencia de grupos e artistas de Galiza e Cuba nos xardíns da Tropical, na Habana (que podemos ver no vídeo) as dúas culturas volven irmandarse na outra banda do Atlántico.

Reloxo 02.07.2009 | 14:02

Descarga ao vivo na Habana. Bocixa/ R.Rei Esquerda   1 / 2  Dereita  

Xa están á venda as entradas para os tres concertos: o 23 de xullo, o Teatro Rosalía de Castro acolle o primeiro deles ás 22.30. O 25 estarán no FestiGal, en Compostela, ás 22.00. E o concerto no Teatro Caixanova, de Vigo, o 30 de xullo ás 20.30, poralle o broche de ouro a esta semana. Amais, sortéanse 10 entradas mediante un "Concurso indiano" de fotografías da época, que se poden enviar a descarga@folque.com.

Jotas, muiñeiras, rumbas e güajiras configuran o repertorio deste espectáculo, adobiado con arranxos entre o jazz latino e o folque europeo, e que conta cun elenco musical de excepción, dirixido por Ramom Pinheiro no plano artístico, e tres persoas no musical: Alejandro Vargas, compositor cubano, premio Cubadisco ao mellor disco de jazz en 2008; Pedro Pascual, profesor da Central Folque, compositor, arranxista, produtor musical e músico de Marful; e Marcos Teira, compositor, arranxista e recoñecido intérprete de guitarra flamenca.

O proxecto nace da colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano, capitaneado por artistas que se dedican tamén á docencia, coma Guadi Galego, Quim Farinha, Ugia Pedreira, Oscar Fernández, Xabier Díaz, Edelmiro Fernández, Pablo Castanho, Pablo Pascual, Gutier Álvarez, Raciel Jiménez, Adonis Ríos e J.M. Díaz, amais dos bailaríns para a posta en escena.

Unha investigación sobre o patrimonio común

Amais da ducia de temas que xurdiron deste proceso, e que poderemos escoitar nos concertos, o libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, recolle a investigación de Ramom Pinheiro Almuinha sobre a parte cubana do patrimonio musical galego. Editado por Sotelo Blanco, compendia meses de pesquisa na Illa.

A finais do século XIX e principios do XX, os emigrantes galegos foron tan numerosos en Cuba que "gallego" era sinónimo de Peninsular. O himno galego estreouse na Habana en 1907, de feito. Durante meses, Pinheiro estudou os compositores galegos emigrados ou exiliados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos compositores cubanos.

Así apareceron pezas inéditas ou longamente esquecidas do repertorio musical galego, e naceu Descarga ao vivo, un espectáculo musical de fusión galego-cubana do que Pinheiro é o director artístico. Un espectáculo que se estreou o ano pasado na Habana, no Teatro Mella, e que chegará o próximo mes de xullo a Galicia.

Entre os doce temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas, coma a "Alborada de Veiga" ou "Un adiós a Mariquiña", mais tamén temas inéditos como "O Indiano" de Ricardo Fortes Albarellos, "Del Ferrol a La Habana" de Juan Parga, ou o tema "Cuba-Galicia", do compositor cubano Guillermo Tomás.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río