PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Que 'pon en perigo' a independencia enerxética
O BNG denuncia a parálise do concurso eólico

Redacción .  O portavoz do BNG na Comisión de Industria do Parlamento Galego, Henrique Viéitez, denunciou hoxe en rolda de prensa que 'as grandes empresas lle marcan a ruta a Feixóo na política eólica'. O nacionalista denuncia a parálise do proceso que, considera, 'pon en perigo a independencia enerxética de Galiza'.

Reloxo 02.07.2009 | 13:01

Henrique Viéitez, deputado do BNG, en rolda de prensa Henrique Viéitez, deputado do BNG, en rolda de prensa. AGN O deputado nacionalista asegurou que “o PP non sabe como saír das súas propias mentiras” e emprazou o presidente da Xunta a que “nos diga dunha vez cal é a ilegalidade que estaba implícita na resolución do concurso eólico, e sobre todo que nos diga a quen hai que adxudicarlle os parques”. Denunciou que, pasados catro meses dende que asumiron o Goberno, “cada día que pasa co proceso paralizado, Galiza está a perder moito”.

Viéitez subliñou que “se o decreto eólico tiña falta de legalidade, como xa denunciaban en precampaña electoral, xa deberían ter detectado esas eivas, se non non ten sentido que o proceso estea paralizado dende hai máis de 4 meses”.

Neste sentido, o deputado do BNG atribuíu esta demora a que “o Goberno do PP precisa tempo para saber como van ser capaces de saír de forma minimamente digna do abrazo do oso que lle deu a Feixóo o presidente de Iberdrola o día da súa toma de posesión ou das declaracións do presidente de Fenosa-Gas Natural demandando máis participación eólica tras a paralización do concurso”.

“O que se demostra, en todo caso, é a dependencia do PP dos promotores da mentira e que están a ser as grandes empresas eléctricas as que lle están a marcar a Núñez Feixóo a folla de ruta do Goberno galego no tema eólico”.

Consecuencias da paralización

Por outra parte, Henrique Viéitez subliñou que “non da igual que o proceso eólico siga paralizado uns meses máis porque total, xa chegamos tarde, como asegura Núñez Feixóo”. O deputado do BNG denunciou que esta parálise “non só está a poñer en perigo a independencia enerxética de Galiza, senón sobre todo os proxectos industriais asociados aos parques eólicos, e que prevían a creación de 8.000 postos de traballo, un auténtico balón de osíxeno para a economía galega en tempos de crise”.

Ademais, lembrou que “sectores aos que se adxudicaron parques eólicos no concurso feito polo Goberno Bipartito, como o lácteo ou as conserveiras, poden ver en perigo a súa continuidade se o Goberno do PP lles quita as adxudicacións eólicas”.

As arcas ingresarían 15 millóns de euros

Lembrou ademais que a participación pública do 14,7 por cento que estabeleceu a anterior Consellaría de Industria, liderada polo BNG, “suporía uns ingresos anuais duns 15 millóns de euros para as arcas públicas, unha cantidade nada desdeñábel nun momento que estamos a falar do financiamento autonómico”.

Por último, Henrique Viéitez advertiu de que a paralización “impide que os adxudicatarios dos parques eólicos se poidan preinscribir no Rexistro de Primas Eólicas, e polo tanto sitúanos en inferioridade de condicións fronte a outras Comunidades Autónomas”.

“Cada día que pasa Galiza perde. Se falaban de ilegalidades na campaña electoral que as resolvan e, sobre todo, que nos digan a quen van agraciar co vento de todos os galegos e galegas”, concluíu o deputado do BNG

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río