PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Retorno a Brideshead
 02.07.2009 | 12:46

Leo na prensa que a Curia decidiu pensar mellor o de expedientar o teólogo Torres Queiruga. Leo, despois, a novela de Evelyn Waugh. Sebastian Flyte fala, bébedo coma case sempre, da súa familia. Do seu irmán maior, Brideshead, terriblemente desgraciado pero ortodoxo católico; da pequena Cordelia, nena feliz e fervorosa que rezaba novenas pola súa mascota, o cocho Francis Xavier. Da súa irmá Xulia e del mesmo, case pagáns: el cría ser feliz e cría que Xulia non o era. Da súa nai, de quen se dicía que era unha santa. O seu pai, Lord Marchmain, non regresara da guerra porque quedou a vivir en Italia cunha bailarina. A súa esposa era moi devota e negoulle sempre o divorcio. Sebastian non sabía dicir cal dos seus proxenitores era feliz.

A indisolubilidade do matrimonio Marchmain baseábase no odio. Iso opinaba a bailarina italiana: o excomungado lord Marchmain odiaba a súa esposa porque detestaba nela algo de si mesmo, as ilusións da súa mocidade, a inocencia e a esperanza que seguía a gardar dentro dela a muller que deixara en Inglaterra. Os adúlteros vivían xuntos, e tranquilos, protexendo a italiana ao seu amante, tanto da súa inocencia coma do seu pasado. A Conferencia Episcopal comportouse ao xeito do Lord que, dende a lonxanía, odiaba unha parte de si mesmo. Pero, por fortuna, foi coma se escoitasen o consello da flegmática bailarina, máis preocupada polas aparencias que pola excomuñón.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río