PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
'Ao atacar o galego'
A Mesa di que a Xunta 'desafía' o Consello de Europa

Redacción .  A Mesa pola Normalización Lingüística advirte de que, 'coas súas decisións de atacar a lingua propia de Galiza', a Xunta 'está a desafiar o Consello de Europa'. A Mesa lembra que o organismo internacional emitiu un ditame hai seis meses no que sinalaba unha serie de medidas para o galego 'que non só non están a ser adoptadas, senón que desde o actual Goberno galego se está a destruír todo o que o Consello avaliara positivamente'.

Reloxo 02.07.2009 | 12:40

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Patricia Morales/AGN A Mesa lembra nun comunicado, que no ámbito educativo o Consello de Europa eloxiou as galescolas e apoiou o decreto do ensino en galego, aínda que sinalando que eran precisas máis medidas de promoción da lingua propia, pois constataba que “non obstante as interesantes iniciativas emprendidas polas autoridades, o número de alumnos e alumnas que reciben educación escolar en galego segue sendo moi baixo.”

Este ditame do Consello de Europa produciuse como resultado da monitorización do nivel de aplicación por parte do Estado español da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, asinada por unanimidade do Congreso dos Deputados durante a presidencia de José María Aznar. Por iso, desde A Mesa pregúntanse con sorna “se Aznar será máis galeguista que Feixóo”, xa que o Goberno presidido por este último “está a vulnerar conscientemente este tratado internacional subscrito polo ex presidente español do seu partido”.

A organización cidadá en defensa da lingua propia de Galiza reclámalle á Xunta do PP que “reingrese na legalidade do Estatuto e na legalidade internacional, fronte á crispación e á galegofobia de que agora mesmo fai gala”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río