Europa Press . A afiliación á Seguridade Social en Galiza aumentou en 2.515 persoas en xuño (0,24 por cento) respecto de maio, aínda que diminuíu en 47.916 cotizantes (-4,43 por cento) en relación ao mesmo mes do ano anterior. A cifra de beneficiarios do sistema público en Galiza situouse deste xeito en 1.034.066, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Unha traballadora do textil.
No resto do Estado, a Seguridade Social perdeu 5.501 cotizantes en xuño (-0,03 por cento), o que situou o número de afiliados medios ao finalizar o mes en 18.097.986 ocupados, e 1.260.967 fronte ao mesmo mes do ano anterior. Este descenso contrasta co aumento en máis de 69.000 afiliados experimentado en maio, pero é mellor que a caída en 50.689 ocupados rexistrada en xuño de 2008.
En Galiza, o réxime xeral, o máis numeroso do sistema, contabilizou 3.170 afiliados máis que en maio, cifra que supón un incremento do 0,42 por cento. No entanto, os demais réximes experimentaron unha redución dos seus cotizantes.
Descargar Tarifas