Redacción . O número de parados inscritos nas oficinas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) en Galiza diminuíu por terceiro mes consecutivo en xuño ao rexistrarse 7.278 desempregados menos, cifra un 3,51 por cento inferior á de maio. O total de persoas sen emprego situouse no país en 200.240, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
En termos interanuais, con todo, hai en Galiza 47.532 parados máis que no mesmo mes do ano pasado, o que supón un incremento do 31,13 por cento. Así, Galiza mantívose como a segunda comunidade na que menos avanzou o desemprego nos últimos doce meses, pois a porcentaxe só foi menor, en termos relativos, en Estremadura, onde aumentou un 27,04 por cento. Datos estatais En xuño, o desempregado baixou en 55.250 persoas respecto ao anterior mes, o que se traduce nun descenso do 1,5 por cento. O paro rexistra así o seu segundo descenso mensual consecutivo tras estar 14 meses á alza. A caída do desemprego neste mes contrasta co comportamento que experimentou o paro en xuño de 2008, cando o desemprego subiu en 36.849 persoas. O total de desempregados sitúase hoxe en día en 3.564.889 persoas, segundo informou o Ministerio de Traballo e Inmigración.
Cola nunha oficina do Servizo Público de Emprego en Madrid.
No conxunto do Estado, o número de parados inscritos nas oficinas do Inem baixou en 55.250 persoas en xuño respecto de maio (-1,5 por cento), rexistrando o seu segundo descenso mensual consecutivo tras estar 14 meses á alza. O total de desempregados situouse así en 3.564.889 persoas.
A caída do desemprego neste mes contrasta co comportamento que experimentou o paro en xuño de 2008, cando o desemprego subiu en 36.849 persoas. Xa o pasado mes de maio, o paro empezou a botar o freo e rexistrou un descenso próximo aos 25.000 desempregados.
Xa o pasado mes de maio, o paro empezou a botar o freo e rexistrou un descenso próximo aos 25.000 desempregados.
O ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, xa apuntara que o paro de xuño non ía ser negativo.
Descargar Tarifas