PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Di que é o mellor momento para vender
Feixóo queda sen coches oficiais blindados

Redacción .  O Consello da Xunta autorizará hoxe xoves á Consellaría de Presidencia para que inicie o proceso de venda dos 23 vehículos de alta gama do parque móbil que non están sendo utilizados por cargos da Administración autonómica.

Reloxo 02.07.2009 | 07:49

Alberte Núñez Feixóo no Citroën C-6 Alberte Núñez Feixóo no Citroën C-6. AGN

A autorización chega logo de realizar un estudo de necesidades e constatar que "non eran necesarios" e que tiñan un alto custo para as arcas autonómicas. Unha vez dados os permisos, Presidencia iniciará "de inmediato" o proceso de venda, a través dun procedemento "aberto" e "transparente" que garanta a "libre concorrencia".

Segundo a Xunta, esta venda non significará novas adquisicións. "En ningún caso se adquirirán novos vehículos para uso dos altos cargos, xa que a dotación actual é insuficiente para facer fronte ás necesidades", compromete.

Feixóo respóndelle a Barcón

Feixóo respondeu ás críticas da secretaria de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal do PSdeG, Mar Barcón, quen acusou a Feixóo de "malvender" o patrimonio público para "xustificar a súa campaña electoral". Aínda que non profundou no asunto, Feixóo coincidiu co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quen presentou o sistema de reordenación do parque móbil da Xunta, na necesidade de optimizar o aforro das arcas públicas nunha conxuntura de crise económica como a actual. Así, Feixóo defendeu a venda dos 23 vehículos de gama alta do parque móbil oficial –a través dos sistemas de permuta e poxa pública– e replicoulle ao PSdeG que "agora" é o "mellor momento" para "vender o que non se necesita nin utiliza". "Sobre todo coa situación económica na que estamos".

Neste contexto, a Xunta cambiará os tres coches blindados marca Audi do parque móbil oficial –de xeito que quedará sen ningún coche con blindaxe– por vehículos novos destinados a fins sociais e Protección Civil. Segundo Rueda, este sistema de permuta será "público e aberto" e arrincará cunha "oferta inicial" de intercambio de 12 vehículos polos tres blindados, que será "negociábel".

Esta permuta inclúese no proceso de alleamento dos 23 vehículos oficiais de gama alta que aprobará hoxe o Consello da Xunta, no marco da reordenación do seu parque móbil. Os 20 vehículos que non teñen blindaxe –cuxa valoración inicial conxunta se sitúa entre os 350.000 euros e os 400.000 euros– se someterán a un proceso de poxa, que tamén será "aberta" e "publicitada" a través da internet. O prazo para presentar as ofertas empezará en setembro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río