Redacción . Membros da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) mantiveron unha xuntanza no Parlamento Galego cos portavoces de Educación e Lingua do Grupo Parlamentar do BNG, Carme Adán e Bieito Lobeira, respectivamente.
Segundo a Coordinadora, a reunión desenvolveuse “nun clima cordial e construtivo no que os representantes desta organización política se amosaron receptivos ante as propostas de consenso”, recollidas no documento que tamén lle fixeron chegar ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. A reunión celebrada esta mañá encádrase na rolda de contactos que mantén a Coordinadora de ENDL cos grupos con representación no Parlamento. Mañá mañá ás 12 da maña, os responsábeis dos equipos manterán un novo encontro no Parlamento con portavoces do Grupo Parlamentario do PSOE.
Crianzas nunha saída da escola infantil.
Pola súa banda, os representantes do BNG compartiron cos responsábeis da Coordinación a “preocupación respecto da situación de descreto social que padece a lingua galega”.
Ademais, na reunión advertiuse das carencias que presenta o recentemente publicado Decreto de Infantil respecto da lingua, “xa que é un novo regulamento que fai moi difícil que os nenos e as nenas acaden a competencia oral e escrita en lingua galega, tal e como recolle a LOE”, sinala a Coordinadora.
Por último, o BNG coincidiu en valorar o papel fundamental que debe ter o profesorado na planificación do sistema educativo posto que é o sector que ten que poñer en práctica nas aulas calquera modificación lexislativa.
Descargar Tarifas