PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Para afrontar as causas do Prestige e de Fadesa
A Xustiza comprométese a reforzar os xulgados galegos

Europa Press O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) adoptará medidas 'urxentes' para reforzar os órganos xudiciais encargados da instrución de asuntos 'de grande impacto social' como a causa do 'Prestige' ou a resolución do concurso de acredores de Martinsa-Fadesa.

Reloxo 01.07.2009 | 15:57

Celebración dun xuízo na Coruña Celebración dun xuízo na Coruña. M.Pérez/AGN O presidente do Tribunal Supremo e do CXPX, Carlos Dívar, recoñeceu hoxe, durante a súa visita ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que os xulgados galegos están "desbordados" e comprometeuse a pór en marcha medidas de reforzo de xeito "inmediato" para afrontar a carga de traballo que supón o aumento da presentación de concursos de acredores.

No caso do "longo e complicado" asunto da marea negra do 'Prestige', o presidente do CXPX comprometeuse a dar os pasos necesarios para que a instrución poida concluír antes que finalice este ano.

Tras escoitar as necesidades particulares que lle afectan á Xustiza galega, en concreto, aos procedementos acumulados nas diferentes Audiencias Provinciais, os xulgados de violencia de xénero, os contencioso-administrativos e as salas do social, Carlos Dívar afirmou que se adoptarán medidas para paliar esta situación "máis pronto que tarde".

Máis persoal

Preguntado por que pasos vai levar a cabo para terminar coa situación que atravesan os xulgados do país, o presidente do CXPX non quixo profundar en puntos concretos, pero si recoñeceu que haberá "reforzo de persoal e ampliación de maxistrados".

En canto aos prazos que afectan a estas incorporacións, Dívar recordou que son medidas que "non dependen de xeito exclusivo do CXPX", á vez que apuntou a importancia da Administración central, e en concreto do Ministerio de Xustiza, para levalas a cabo.

"Algúns pasos pode dalos o CXPX, pero noutros só pode canalizar e dirixir as queixas", comentou Carlos Dívar, quen recordou que seguirán "insistindo e reclamando" o que faga falta porque, ao seu xuízo, "insistindo, conséguense moitas cousas".

Pola súa banda, o Alto Tribunal galego expresou a súa "satisfacción" polo resultado da reunión con Dívar, que cualificou de "frutífera" tras escoitar as demandas dos xuíces e maxistrados galegos, así como dos representantes do resto de estamentos que colaboran coa Administración de Xustiza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río