PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Ministro de Traballo
Corbacho: 'Os datos do paro de xuño non serán negativos'

Redacción .  O ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, avanzou que o comportamento en xuño do paro rexistrado nos servizos públicos de emprego 'non será negativo'. O responsábel do Goberno central non quixo entrar en máis valoracións até coñecer todos os datos, que se publicarán mañá ás 9.00 horas.

Reloxo 01.07.2009 | 14:07

Celestino Corbacho, ministro de Traballo e Inmigración Celestino Corbacho, ministro de Traballo e Inmigración En declaracións aos medios durante a entrega da Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo á Garda Civil de Tráfico, Corbacho insistiu en que non podía facilitar unha cifra exacta sobre a evolución do paro rexistrado e sinalou que mañá, cando se fagan públicos os datos, será o momento no que se poida efectuar unha análise en profundidade dos mesmos.

"Non podemos facer ningunha valoración. En todo caso esperamos que as cifras do paro deste mes tamén apunten nun sentido positivo, como no mes pasado. Todo o que signifique que o paro se reduza é positivo", subliñou Corbacho.

De baixar o paro en xuño, tal e como se desprende das palabras do ministro, sería o segundo descenso consecutivo tras o de maio, cando o desemprego rexistrado no Inem baixou en case 25.000 persoas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río