PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
En Compostela, Vigo e Coruña
Preséntase o IX Congreso Internacional de Estudos Galegos

Redacción .  Entre o 13 e o 17 de xullo, tres cidades galegas acollerán a novena edición deste congreso, a primeira que ten lugar en Galiza, e que xuntará máis de 200 especialistas de diversos países e disciplinas nunha serie de mesas redondas e intervencións.

Reloxo 01.07.2009 | 13:59

Ramón Villares e Burghard Baltrusch presentan o IX Congreso Internacional de Estudos Galegos Ramón Villares e Burghard Baltrusch presentan o IX Congreso Internacional de Estudos Galegos

Presentárono esta mañá, na Biblioteca do Consello da Cultura, o presidente desta entidade, Ramón Villares, e o da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), Burghard Baltrusch. Co título 'Galiza nos contextos globais: perspectivas para o século XXI', o IX Congreso Internacional de Estudos Galegos desenvolverase entre o 13 e 17 de xullo en tres cidades galegas (Compostela, Vigo e A Coruña). Este evento ten lugar cada tres anos, e, logo das sucesivas edicións anteriores, nos Estados Unidos, o Reino Unido, Alemaña, Cuba, Catalunya e o Brasil, esta é a primeira que ten lugar en Galiza.

Por esta razón, Baltrusch salientou a súa importancia. Lembrou tamén que esta asociación, iniciativa de investigadores e investigadoras nacida nos 80 nos EE UU, foi medrando tanto en número de persoas como en diversificación. "Fíxose necesario vertebrala no ámbito institucional", salientou, e de aí a sinatura de tres convenios marcos coas tres universidades galegas, e previsibelmente outro co Consello da Cultura. "A comunidade investigadora necesita recoñecemento, pero tamén apoio en termos de infraestrutura, e de aí a necesidade de implicación das universidades".

Comeza o 13 de xullo

Xa atendendo ao programa, arrinca o 13 de xullo en Compostela, coa primeira das catro conferencias plenarias que terán lugar ao longo do Congreso: será a cargo de John Rutherford, da Universidade de Oxford, ex presidente da AIEG, e levará por título "Os estudos galegos nos contextos globais". As outras conferencias plenarias serán a de Rosario Álvarez Blanco, directora do ILG ("Século XXI: a lingüística galega na encrucillada"); a de Xavier Simón Fernández, da Facultade de Ciencias Empresariais da Universidade de Vigo ("Pasado, presente e futuro dunha economía periférica: o caso galego"); e a última, que servirá como peche, a de Ramón Villares: "Ramón Piñeiro e a cultura galega no exterior".

O día 15, a actividade desprazarase a Vigo, e o 16 volverá a Compostela. Por último, o venres 17 terá lugar na Coruña. Desenvolveranse en total 27 mesas redondas e diversos relatorios, e participarán máis de 200 persoas, das que a metade son galegas e a outra metade de fóra. Máis de 20 veñen dos EUA, e máis de 15, do Brasil. Outras presenzas salientábeis son as das illas británicas, Alemaña, Francia ou Rusia. "Trabállase dende diferentes ámbitos culturais, dende os máis tradicionais, relacionados con lingua e literatura, até os blogs. Tamén se tratarán certos temas dende perspectivas multidisciplinares", explicou Baltrusch.

Tamén quixo destacar que este ano haberá un medio de divulgación adicional á difusión das actas en papel: as sesións serán gravadas e poderán consultarse na rede en formato audiovisual. "Para o acceso a medio prazo, aínda que se manteñan as actas en papel, teremos as contribucións tamén dispoñíbeis para a súa descarga na rede", indicou o presidente da AIEG. Nesta mesma web podemos xa consultar o programa completo e a ficha de inscrición.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río