Redacción . O CD-Rom inclúe, entre outras aplicacións, o OpenOffice (o paquete de procesador de textos, base de datos, etc.), navegador da internet (Firefox) e editor de imaxes (Gimp).
Un Instituto de Estremadura, o IES Albarregas de Mérida, está a levar a cabo unha particular iniciativa orientada a promover o uso do software libre nas aulas. O proxecto consiste en repartir dentro de cada sobre de matrícula para o curso 2009-2010 un CD-ROM co software que vai precisar o rapaz ou rapaza durante o período académico. Segundo resume a web pública galega a prol do software libre Mancomun.org, “a mensaxe que se achega ao alumnado é a do software legal. Fomentar estes dous conceptos -e valores- entre os alumnos e as súas familias é perfectamente coherente co modelo educativo. O respecto, a solidariedade, e compartir son ideais ás que non podemos renunciar”. O contido do CD-ROM é software libre e legal, compatíbel con calquera sistema informático actual: Windows, Mac ou Linux. Leva a información estruturada como se dunha páxina web se tratase, desde a que se pode ver o contido e instalar as aplicacións.
Logotipo do Firefox 3
Descargar Tarifas