PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
EN GALEGO E INGLÉS
Nova web pública sobre a artesanía de Galicia

Redacción .  Este martes presentouse o terceiro número da revista Obradoiro de Artesanía que, dende este momento, conta tamén coa súa versión electrónica na web.

Reloxo 01.07.2009 | 12:15

Alberto Geada facendo unhas zocas Alberto Geada facendo unhas zocas. Obradoirodeartesanía

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, deu a coñecer esta publicación, que edita semestralmente a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño como un "escaparate da heteroxeneidade da artesanía en Galicia, así como unha ferramenta de comunicación, de cohesión, desenvolvemento e de promoción do propio sector artesán".

Outra das novidades é que, a partir do terceiro número da publicación, distribuirase, ademais de entre artesáns, en 118 tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia, centros públicos de ensino relacionados, museos e galerías de arte de Galicia e centros de artesanía do resto de España.

O goberno indica que a web Obradoiro de Artesanía, en galego e inglés, “permítelles ás propias persoas que se dedican á artesanía coñecer o traballo que se está a realizar en Galicia, ofrecerlles un espazo de exhibición da artesanía e darlles a posibilidade de coñecer as relacións entre a artesanía e outros ámbitos artísticos”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río