Europa Press . O presidente fundador do PP, Manuel Fraga, asegurou hoxe que o líder do Partido Popular, Mariano Raxoi, tomará unha decisión sobre o senador e tesoureiro do partido, Luís Bárcenas, implicado no caso Gürtel, ‘en canto haxa outro síntoma’.
"O señor Raxoi quere esgotar a presunción de inocencia. En canto haxa outro síntoma actuarase", declarou o ex presidente da Xunta sobre se o líder do PP debería tomar unha decisión sobre o seu tesoureiro. Fraga fixo estas declaracións antes de que comezara a conferencia que impartirá o alcalde de Madrid, Alberto Ruíz-Gallardón, nun Almorzo Deportivo organizado por Europa Press. A este encontro asistiron tamén Mariano Raxoi, a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, e a portavoz do Grupo Popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría.
Mariano Raxoi, líder do PP.
Descargar Tarifas