PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Segundo a Xunta
O Audi de Touriño custa 200.000 euros menos

Europa Press O Goberno galego asegurou que a empresa encargada de taxar o Audi A8 blindado que utilizaba o ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño cifrou o valor do vehículo en 280.000 euros, un total de 200.000 euros menos que cando se adquiriu no ano 2007 e o seu custo ascendeu a 480.000 euros.

Reloxo 01.07.2009 | 07:33
TAGS: Audi , Touriño , Xunta ,

Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia. Pepe Ferrín/AGN

A través dun comunicado, a Xunta explicou que analizou os gastos anuais de mantemento de 23 vehículos de alta gama do parque móbil oficial e solicitou a súa taxación a unha empresa especializada para o proceso de venda dos automóbiles que o Goberno autonómico prevé autorizar na súa reunión do próximo xoves.

Segundo a Xunta, esta taxación cifrou en 280.000 euros o prezo do Audi blindado que estaba a disposición do ex presidente Touriño, os gastos de mantemento do cal, indicou o Executivo autonómico, ascenderon a case 80.000 euros en 15 meses.

O Goberno galego avanzou que a venda destes vehículos é unha das medidas de reestruturación do parque móbil da Xunta que presentará hoxe o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, "pero non a única".

Esta actuación enmárcase na "austeridade" comprometida polo presidente galego, Alberte Núñez Feixóo, e prodúcese pouco despois de que o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, anunciase no Parlamento que ningún conselleiro poderá contar "con máis dun coche oficial".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río