PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Traspaso
Roberto de Souza, do Celta ao Marítimo

Redacción .  O Celta vén de anunciar o traspaso do mediocampista brasileiro Roberto de Souza ao Marítimo de Funchal, da liga portuguesa. O ano pasado, o xogador xogara cedido no Leixões.

Reloxo 30.06.2009 | 20:29

Roberto da Souza no momento da nacionalización Roberto da Souza no momento da nacionalización. RCC

A pesar de que o Celta anunciara a mediados de tempada que contaba con Roberto de Souza para o campionato 2009-2010, grazas a que conseguira a nacionalidade española e que estaba asinando unha excelente campaña no equipo revelación da liga portuguesa, o Leixões, a directiva viguesa decidiu finalmente aceptar a oferta do Marítimo de Funchal, que lle ofrecera tres anos de contrato hai dúas semanas.

Roberto tiña un ano máis co Celta e é posíbel que o acordo económico fose doado xa que o club vigués busca a mellor maneira de aforrar diñeiro en fichas. O brasileiro non tiña ningún interese en renovar, logo de non contar con case ningunha oportunidade nos seus anos en Galiza.

O internacional sub-20 chegou do Guaraní no 2005 recomendado polo daquela director deportivo Félix Carnero. Mediocampista de contención, tivo moitas dificultades para xogar nun equipo que ese ano se clasificou para a Copa da Uefa. O brasileiro estivo cedido os tres anos seguintes, ao Salamanca, ao Rácing de Ferrol e finalmente ao Leixões.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río