PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Pretende importar o sistema catalán
A Xunta quere agrupar as competencias do audiovisual nun só organismo

Europa Press A Consellaría de Cultura estuda importar o sistema catalán para xestionar o audiovisual galego e facer un seguimento dos proxectos con financiamento público e traballa para agrupar as competencias na materia nun único departamento da Xunta.

Reloxo 30.06.2009 | 12:57

Roberto Varela Fariña Roberto Varela Fariña. Pepe Ferrín / AGN

"Gústame moito o sistema catalán", asegurou o titular de Cultura, Roberto Varela, tras ser preguntado durante unha rolda de prensa polo modelo no que traballa a Xunta para Galiza, á vez que destacou que o de Catalunya "é máis rigoroso que o que hai aquí neste momento".

Neste sentido, comentou que o modelo catalán realiza "un seguimento máis rigoroso" e "ao milímetro" dos proxectos cinematográficos que contan con financiamento do Goberno autonómico, tanto en canto á súa viabilidade como aos resultados obtidos.

Así mesmo, Varela manifestou que están traballando en agrupar as competencias referidas ao audiovisual nun só organismo da Administración galega. "Pode ser calquera dos que hai agora", sostivo e engadiu que, deste xeito, "terá un maior nivel de execución".

Artes escénicas

Por outra banda, con respecto ás reivindicacións do sector das artes escénicas, o titular de Cultura resaltou que a débeda da Xunta con empresas deste ámbito está liquidada ao "90 por cento" e confía en resolver antes do 31 de xullo as axudas pendentes, como se comprometeu coa Asociación de Actores e Actrices de Galiza.

Tamén o conselleiro afirmou que o vindeiro xoves irá ao Consello da Xunta o nomeamento da persoa que dirixirá a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río