Redacción . O queixo San Simón da Costa da Queixería Catadoiro de Vilalba, recibiu o premio 'Alimentos de España ao Mellor Queixo 2009' concedido polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Un queixo da queixería Alimentos Ruta Xacobea da Coruña tamén foi distinguido.
O produto, que participaba na categoría de queixos de pasta prensada de vaca pertence á denominación de Orixe San Simón da Costa, fíxose co primeiro premio 'Alimentos de España ao Mellor Queixo 2009', concedido polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Xunto a este queixo galego tamén recibiu galardón o queixo de pasta branda de Alimentos Ruta Xacobea da coruñesa localidade de O Pino. Estes produtos lácteos galegos foron distinguidos con queixos de Valencia, Toledo, Cádiz, Cidade Real, Fuerteventura, Huesca e Cantabria. Con estes galardóns o ministerio quere revalorizar o labor desenvolvido polos profesionais e entidades que dunha ou outra maneira participan na cadea agroalimentaria así como os aspectos relacionados coa agricultura ecolóxica e a conservación de medio ambiente. Paralelamente os premios servirán para dar a coñecer os queixos autóctonos, ecolóxicos e de gran calidade organoléptica do Estado.
Descargar Tarifas