PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Cando se desenvolven as negociacións sobre o traslado
Un ex titular de Medio Ambiente de Fraga, conselleiro independente de Ence

Redacción .  Carlos del Álamo Jiménez, responsábel de Medio Ambiente con Manuel Fraga na Xunta, vén de ser nomeado conselleiro independente de Ence no momento no que a planta de celulosa emprende as negociacións co Goberno de Alberte Núñez Feixóo para o seu traslado.

Reloxo 30.06.2009 | 10:33

Detalle da entrada a Ence Detalle da entrada a Ence. AGN El País revela hoxe que Ence vén de nomear conselleiro independente da compañía o ex responsábel da Consellaría de Medio Ambiente con Fraga, que, segundo recolle o diario, “ten que ver co PP e con desastres ecolóxicos en Galiza”. E é que Carlos del Álamo Jiménez foi conselleiro de Medio Ambiente coa Xunta Fraga entre 1997 e 2003, até a crise do Prestige.

Agora, o ex titular do Goberno galego, actual decano da Asociación de Enxeñeiros de Montes de España, asumirá o posto no máximo órgano de Administración da empresa.

Tal e como recolle El País, del Álamo “xa coñece as intencións da nova Xunta de Núñez Feixóo en canto ao futuro da planta de celulosa de Pontevedra”. O compromiso do novo Goberno galego pasa por adiantar o traslado da compañía pero coa condición de situar as instalacións en áreas industriais da propia provincia, co menor impacto posíbel en canto a redución de persoal e efectos sobre o emprego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río