PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Quen xulga os nacionalistas?
 30.06.2009 | 10:15

Estaba eu preparando as preguntas ao conselleiro de Educación dos motivos polos que elimina toda referencia a Galiza nos curricula de FP cando unha compañeira parlamentar chamoume. Preguntoume se vira o que o domingo afirmaba tan alegremente sobre o noso emprego do galego un medio que se autodenomina a voz de Galiza e dixenlle que non a lera. Insistiume e fixen o esforzo de deixar o que estaba a facer para desprazarme a buscar a noticia.

Atopei a noticia e, como tamén somos humanas as persoas que nos adicamos á política, digamos que me enfadei. Respirei fondo e comecei a pensar en toda a argumentación para a defensa da acusación falsa de falar castelán nos corredores do Hórreo. 14 anos dando aulas de filosofía en galego, defensa da tese de doutoramento diante dun tribunal de fóra en galego, traducións de filosofía ao galego, anos presidindo a Aula Castelao, máis de 15 anos de militancia nacionalista, desenvolvemento das galescolas no goberno bipartito, criar os fillos en galego,... así estaba eu artellando unha defensa cando pensei, pero que é isto?, de que me teño que defender?, por que estou a buscar medallas na miña traxectoria?, quen nos xulga as e os nacionalistas?, con que propósito?, quen é o tribunal?, cal pensa ser a condena?, a que intereses responde todo isto?

Mostramos no goberno que somos capaces de xestionar ben e de facelo de xeito transformador. Hai a quen non lle gustou e segue a desacreditarnos con argumentacións contra as persoas.

As e os nacionalistas estamos en pé e con ganas de traballar por este pais. A língua é un compromiso importante e no que non estamos dispostas é dispostos a aplaudir a cordialidade da súa extinción. Tamén estamos dispostas a preguntar cando se nos acusa en falso: a quen beneficia tanta mentira?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río