PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG HELENA DOMÍNGUEZ
Helena
Domínguez
Xornalista
Iates
Como sei que a opinión pública galega está interesada no mundo dos iates, esta semana de 'rentrée' ofrézolles unha historia de grandes barcos de luxo.
 30.06.2009 | 10:09

O Rising Sun, no porto de Barcelona O Rising Sun, no porto de Barcelona Esquerda   1 / 2  Dereita  

A min pegóuseme o costume da Arousa de mirar barcos. Non entendo moito de embarcacións, se lles digo a verdade; teño coidado en non chamarlles cordas aos cabos e manexo algúns conceptos básicos máis. Pero a satisfacción de asomarme aos peiraos a mirar barcos non ma quita ninguén. Examino co mesmo interese un antigo galeón de madeira ca unha planeadora de aduanas. E isto para que servirá? Mira que bóias máis modernas teñen. Están ben equipados, eh? Claro que eu tamén teño as miñas simpatías e, se hai que escoller, tiro máis contra o mundo das dornas ca o dos iates. Non crean que é unicamente unha cuestión de accesibilidade, tamén o é de xeitos de entender o mar. Ás veces sonche así de enxebre.

Este luns, xa que logo, deume por ir mirar barcos ao Port Vell de Barcelona. No porto deportivo barcelonés hai amarrados grandes iates durante todo o ano, xa non chaman á atención. Mais desta vez, topei co iate de luxo de maior envegardura que tivera visto ata o momento. E iso que nunha ocasión estiven en Marbella, visitando unha amiga da Arousa que traballa en Puerto Banús, e alí si que hai nivel iateril!

O espectacular iate atracado en Barcelona, denominado Rising Sun, lucía unha sospeitosa bandeira das Illas Caimán, e non era o único; a carón del había outras dúas custosas embarcacións do mesmo estilo e procedencia, unha delas, mesmo dotada de helicóptero. Cantos cartos haberá aquí metidos, mi madriña, de quen será este barco? 

Coa suor esvarándome pola sen e coa cámara treméndome entre as mans, apuntei co obxectivo e disparei ducias de fotos. Na popa do Rising Sun, un tipo recibía ao sol das dúas da tarde unha masaxe, mentres que na banda de babor, a tripulación, dilixente e conxuntada no vestir, sacáballe o brillo ao lacado do barco. En calquera  momento, deberían aparecer na cuberta un monarca con maletín ou un ministro europeo en tanga que me solucionasen o verán. Pero nada, delirios da solleira. Alí non apareceu ningún magnate de portada que eu recoñecese.

Agora xa lles podo dicir que o Rising Sun, con 138 metros de eslora, é un dos maiores barcos do mundo da súa clase. A súa construción custou 200 millóns de dólares, o que contrasta coa modestia evocada polo nome que lle puxeron, Rising Sun, o título dunha canción que fala dun mozo pobre de Nova Orleáns... Segundo parece, o iate pertence a dous multimillonarios, o produtor audiovisual David Geffen e o presidente da empresa de software Oracle, Larry Ellison. Como paparazza non teño futuro, nin sequera lles sabería dicir se estaban a bordo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río