PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
'Poderían facer unha consulta', di
Galiza Nova insta a Xunta a escoitar a xuventude para modificar a Lei de Drogas

Redacción .  A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, criticou o anuncio da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, de modificar a Lei de Drogas no sentido de elevar a idade legal para o consumo desta substancia e restrinxir o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública.

Reloxo 29.06.2009 | 13:58

Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, en rolda de prensa Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, en rolda de prensa. AGN A dirixente nacionalista amosou a desconformidade ante estas declaracións “no fondo e na forma” e indicou que se trataría dunha reforma que “rescata as receitas máis rancias, como a lei do botellón impulsada por Aznar”. “Os tempos cambiaron”, continuou Aboi, “e se esas receitas non foron válidas daquela, tampouco o son agora. A prohibición non foi a solución daquela e tampouco vai axudar agora”.

No referido á prohibición de beber na rúa, Iria Aboi indicou que o que se está a facer é “diferenciar entre consumo malo e consumo bo” e preguntoulle á titular de Sanidade se vai prohibir tamén o consumo de bebidas alcohólicas na rúa nas festas populares.

Consulta sobre o consumo de alcohol

“Xa que están a poñer de moda as enquisas”, continuou, “poderían facer unha consulta para ver o que lle parece aos cidadáns sobre isto”, dixo, “levarán unha sorpresa”.

A Secretaria Xeral de Galiza Nova criticou que os populares adopten este tipo de medidas sen facer, pola contra, ningún tipo de proposta para alternativas de lecer da mocidade e mesmo eliminando algunhas creadas polo BNG como o xogo de rol “Irmandiños, a revolta”.

Tamén cargou a dirixente nacionalista contra o feito de que a consellaría non se teña posto en contacto coas organizacións xuvenís para lles comunicar a súa intención de reformar a lei.

Tampouco se ten implicado no proceso a sectores afectados como o da hostalaría e, en opinión de Iria Aboi, esta negativa ao diálogo só pode deberse a que “queiran impoñer as súas opinións sen escoitar nin debater nada, sen saber o que opina a xente nova”.

Aboi quixo lembrar tamén que cando a cando a Consellaría de Sanidade do bipartito quixo afrontar unha reforma da lei de drogas houbo unha convocatoria para as asociacións xuvenís e apuntou que, daquela, as xuventudes do PP “estaban en contra de calquera medida destinada a vincular o botellón cun problema de saúde pública. Os que criticaban algo así, agora están calados”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río