PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O BNG pide a intervención da Xunta
El Cebrero ou Mellid, na web do Instituto Cervantes

Redacción .  Na páxina web do Instituto Cervantes, no apartado relacionado co Camiño de Santiago, aínda se atopan topónimos deturpados como Finisterre ou Mellid. O deputado do BNG no Parlamento, Bieito Lobeira, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta que interveña para que o Instituto Cervantes corrixa os topónimos que aparecen nas súas publicacións.

Reloxo 28.06.2009 | 11:19

. Flickr: Fresco Tours En concreto, o deputado do BNG denuncia que no apartado do Centro Virtual Cervantes relacionado co Camiño de Santigo (http://cvc.cervantes.es/actcult/camino_santiago) “aparecen topónimos galegos deturpados como Mellid, El Cebrero, Finisterre ou Palas de Rey”.

Lobeira considera “intolerábel que a estas alturas haxa institucións públicas que, como o Instituto Cervantes, vulneren a legalidade lingüística sen reparo ningún, un feito que, aínda sendo recorrente, non pode ser asumido con naturalidade polo Goberno de Galiza”.

Neste sentido, o deputado do BNG pregúntalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola súa avaliación “sobre o reiterado incumprimento da legalidade toponímica referida a Galiza por parte do Instituto Cervantes”, e en consecuencia, pídelle que adopte medidas para corrixir esta situación.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río