PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Sen o apoio dos republicanos
Os EE UU limitan por vez primeira o CO2

Redacción .  A Cámara de Representantes aprobou este venres un proxecto de lei que, por primeira vez na historia dos Estados Unidos, imponlles límites ás emisións de gases que producen o efecto invernadoiro. Os lexisladores deron vía libre á iniciativa por unha escasa marxe de 219 votos a favor e 212 en contra.

Reloxo 27.06.2009 | 14:21

Barack Obama, presidente dos Estados Unidos Barack Obama, presidente dos Estados Unidos. Kevin Lamarque/Reuters A aprobación logrouse tras meses de negociacións e no medio da resistencia dos republicanos que afirmaron que de promulgarse a lei eliminará fontes de emprego nun momento en que o país enfronta unha dura recesión.

Con todo, segundo informou a Oficina de Xestión e Orzamento da Casa Branca (OMB), Obama pensa que a medida axudará a "reducir a nosa dependencia do petróleo estranxeiro, fortalecer a seguridade enerxética e nacional, e crear millóns de novos postos de traballo en todos os EE UU".

A iniciativa contén cláusulas para a protección dos consumidores, a redución dos custos enerxéticos e para fomentar unha transición cara a unha economía con fontes de enerxía que reduzan a contaminación ambiental.

Os límites

Unha vez promulgada por Obama, a lei imporá límites ás emisións de dióxido de carbono e outras sustancias tóxicas por parte das plantas xeradoras de enerxía, as fábricas e refinerías. Tamén fomenta o desenvolvemento de fontes alternativas de enerxía renovábel.

O proxecto estabelece ademais un mercado de carbono, no que as empresas poderían comprar e vender permisos para contaminar, co fin de crear un incentivo económico para reducir as emisións.

A lei supón que no 2020 un 12 por cento da enerxía que distribúan as compañías de electricidade deberá proceder de fontes renovábeis. Tamén recolle a obrigatoriedade de recortar as emisións de gases que provocan o efecto invernadoiro nun 17 por cento respecto dos niveis do ano 2005, para 2020, e nun 83 por cento para 2050.

De momento, non está claro se os demócratas lograrán reunir os votos para a aprobación definitiva da lei, que tamén debe ser aprobada no Senado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río