PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
'O Executivo non goberna, impón o seu criterio'
A CIG urxe a Xunta a negociar a Lei da Función Pública

Redacción .  A CIG vén de esixirlle á Xunta que manteña as mesas de negociación e os acordos alcanzados na pasada lexislatura sobre as condicións laborais dos empregados públicos e urxiuna a comezar os contactos para pactar o texto da nova Lei de Función Pública, pois 'non hai visos' de que vaia comezar o proceso de diálogo. Por iso, a central sindical anunciou que comezará unha campaña para reclamar que o Goberno galego 'sente a negociar'.

Reloxo 27.06.2009 | 13:38

Protesta contra a reforma da Lei da Función Pública que limita o galego nos exames Protesta contra a reforma da Lei da Función Pública que limita o galego nos exames. Manuel Vilas O secretario da CIG-Administración, Manuel Gallardo, explicou que editarán carteis e publicacións coas súas reivindicacións básicas, que distribuirán polos centros de traballo, co fin de dalos a coñecer e denunciar que o Goberno galego "non está gobernando, senón que está impondo un criterio en casos concretos".

Gallardo citou a decisión de eliminar o exame obrigatorio en galego nas oposicións, que se retirou coa aprobación da reforma da Lei de Función Pública do pasado martes no pleno do Parlamento, e a de subir en 210 euros o soldo dos xefes territoriais da Xunta.

O sindicalista reprochou que o Executivo galego está "ignorando os sindicatos" e "ten paralizada a administración". En resposta a iso, a campaña da CIG, que será máis "forte" tras o verán, "prolongarase no tempo até que o goberno do PP sente a negociar as condicións dos empregados públicos".

Entre os aspectos máis urxentes, Gallardo fixo referencia á negociación dun novo texto da Lei de Función Pública, que tería que entrar en vigor, segundo o Estatuto Básico do Empregado Público –indicou– a finais de 2008. "Aquí non empezamos sequera a negociar", lamentou.

Xubilación anticipada

Así mesmo, reclamou a regulación da xubilación anticipada, que pediu que sexa potenciada pola administración. Neste sentido, a central sindical recordou que, segundo a lei, existe a posibilidade de que o empregado público pase a facer o 20 por cento da súa actividade ou que se acolla a unha xubilación completa subvencionada polo Estado.

Do mesmo xeito, insistiu na necesidade dun concurso de traslados, posto que parte do persoal que obtivo praza na última oferta de postos laborais, en 2005, aínda non tomou posesión definitiva.

As reivindicacións da CIG, sostivo o responsábel da área Administración, están "recollidas no programa electoral do PP". "Antes do 1 de marzo había a mesma crise que hai agora", afirmou e instou o Goberno a "facer algo".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río