Redacción . A Asociación ecoloxista Adega denunciou hoxe vertidos de cascallos de construción que, segundo indicou, veñen realizando nos montes mancomunados de Candeán, en Pontevedra.
Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA.
Tal e como explicou Adega, as verteduras estanse producindo en varios lugares do monte en tres áreas diferentes, O Costal, Estirpeiro e na entrada do parque forestal, que están sendo enterrados ou empregados para facer pistas.
Adega asegurou que estas verteduras "supoñen un grave risco ambiental" pola súa composición, especialmente nas proximidades dun dos acuíferos que abastece a poboación de Vigo.
Nesta liña, consideraron esta vertedura "un atentado ecolóxico", xa que está "destruíndo especies vexetais", entre elas "plantacións simbólicas feitas por alumnos dalgúns colexios o pasado día da árbore".
Así, sinalaron a "responsabilidade" que nestas verteduras "poidan ter tanto os membros da Comunidade de Montes de Candeán" como "o persoal de obras do Concello de Vigo", dado que existe "evidencia de que se utilizou maquinaria municipal polo menos no enterramento dos residuos".
Descargar Tarifas