Redacción . O mediapunta Álex López é a primeira fichaxe do Celta B. A pasada tempada xogou no Narón.
Álex López (Ferrol, 11 de xaneiro do 1988) xogará no Celta B a próxima campaña. O xogador desenvólvese no posto de mediapunta e miltou no Narón, da terceira división, os dous últimos anos. López criouse na canteira do Rácing de Ferrol e chegou a debutar co primeiro equipo dos verdes con 16 anos. É internacional galego en todas as categorías inferiores.
Descargar Tarifas