PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Os datos da consulta coñeceranse a semana que vén
O decreto do galego negociarase logo do verán

Redacción .  O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, confirmou hoxe que a Xunta revelará os datos de participación a semana próxima. Ademais, afirmou que o decreto do galego comezará a negociarse 'despois do verán', co horizonte de que estea en vigor no curso 2010-2011.

Reloxo 26.06.2009 | 13:12

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. AGN Lorenzo explicou que "todos os cuestionarios están" na consellaría, pero que aínda non hai datos, porque se está verificando que o número de cuestionarios coincide coa participación", apostilou. "A partir de aí faremos unha primeira valoración de participación", afirmou, e rexeitou comentar se o número de consultas recibido é alto ou non porque sería un dato "subxectivo e tendencial". "A semana que vén faremos unha valoración da participación", revelou.

En todo caso, e aínda que indicou non poder realizar unha estimación entre a participación dos colexios privados e públicos, si confirmou que houbo "diferenzas" en función dos centros en xeral, xa que uns contaron cunha "altísima" implicación e outros cunha "moi baixa".

Negociación do decreto

Sobre a negociación do novo decreto do galego, apuntou que "empezará cando se conte coa información" recollida entre os axentes sociais e as conclusións da propia consulta aos pais, pero rexeitou concretar unha data.

En todo caso, expuxo que se traballa co horizonte de que o decreto "se empece a negociar despois do verán e estea listo para o curso 2010-2011". Así, apuntou que a Xunta espera que, para decembro deste ano, poida pasar polo Consello Consultivo de Galiza. Con estes prazos, o Executivo prevé aplicar esta normativa no curso 2010-2011.

Anxo Lorenzo insistiu en que o Goberno autonómico cumpre "cunha promesa electoral" e subliñou que o propósito é "consensuar" cos axentes políticos e sociais este marco legal. Así, recordou que tamén constitúe unha "reivindicación dun sector da sociedade e o Goberno o que fai é cumprir con esa promesa".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río