Redacción . O Goberno do PP adxudicou 2,2 millóns en licenzas de Microsoft malia comprometer no seu programa o apoio ao código aberto.
En resposta na Comisión 1ª do Parlamento á nacionalista Ana Luísa Bouza, a secretaria xeral explicou que o bipartito iniciara este contrato de subministración e dende xuño do 2008 non se contratara o uso de licenzas. Así, tratouse dunha "regularización da situación contractual", indicou. Con todo, comprometeuse a que a Xunta potenciará o software libre e os "estándares abertos entre todas as administracións públicas" e fomentará o uso e repartición desta tecnoloxía, en especial a realizada con fondos públicos, concluíu.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, María do Mar Pereira
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, María do Mar Pereira, argumentou o xoves que o contrato asinado con Microsoft constituíu a "solución inmediata" a unha conxuntura "herdada" do anterior goberno, que iniciara esta contratación, e explicou que foi a "forma de regularizar" esa situación.
Descargar Tarifas