PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Só mudará por consenso
O goberno vasco non modifica o modelo linguistico

Redacción .  A conselleira de Educación, Isabel Celaá, anunciou hoxe que o Goberno vasco tomará 'medidas de reforzo' do eúscaro no modelo A de ensino, entre as que destaca a utilización da lingua propia nalgunhas das materias, co obxectivo de que 'ao finalizar o ciclo de ensino obrigatorio os alumnos coñezan as dúas linguas oficiais'.

Reloxo 25.06.2009 | 19:43

Carreira a favor do Euskera Carreira a favor do Euskera. Soniko/Flickr

Celaá realizou  estas declaracións no pleno de control ao Goberno que se celebrou na Cámara vasca en resposta á interpelación do parlamentario de Aralar Mikel Basabe sobre sobre os resultados do coñecemento do eúscaro dos alumnos do modelo A.

A conselleira de Educación anunciou que o seu departamento traballará para "superar" os tres modelos lingüísticos actuais e introducir un "marco trilingüe", co fomento do inglés, aínda que sinalou que non se fará nada ata conseguir novos acordos de consenso". "Mentres non consigamos un acordo de consenso, seguiremos traballando en base aos acordos que temos, é dicir, en base ao ordenamento en vigor", insistiu.

Ademais, recoñeceu que é necesario "fortalecer" o eúscaro no modelo A "pero sempre desde o respecto á liberdade de exercicio que a lei garante". Por iso, manifestou a vontade do Executivo de "mellorar" a extensión e o uso do eúscaro no ensino, para o que anunciou que tomará "medidas de reforzo" do eúscaro en modelo A, "para que ao finalizar o ciclo obrigatorio os alumnos coñezan as dúas linguas oficiais".

Neste sentido, detallou que se fará a través dunha revisión da metodoloxía que actualmente se utiliza, conseguindo unhas políticas máis activas en colaboración cos profesores. Así mesmo, apostou por "conectar a escola con outros espazos ambientais" como os 'Barnetegis' nos que os alumnos de modelo A terán prioridade.

Finalmente, Celaá explicou que se fomentará un maior uso do eúscaro, non só na materia do idioma senón tamén noutras materias. Con todo, non quixo avanzar que materias se impartirán en eúscaro, xa que "o departamento traballará xunto aos centros e profesionais e dependerá dos acordos e necesidades de cada proxecto educativo".

Así mesmo, a conselleira rexeitou que estas medidas leven a cabo a través dun decreto senón que se fará "a través do acordo coas comunidades educativas".

Basabe, pola súa banda, considerou que o Goberno vasco "debería asegurar os pasos para conseguir chegar a unha sociedade bilingüe, e ser partícipe da normalización porque sabe que un dos modelos non serve (...) quedou demostrado que con tres horas semanais de eúscaro non se chega aos niveis de coñecemento previstos pola lei", insistiu.

Pódese consultar unh reflexión sobre os diferentes modelos linguisticos no ensino e a súa obsolescencia nun artigo de Felix Etxebarria.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río