Redacción . Sanidade asina un convenio para ofrecerlles formación aos alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca. O PSOE ten criticado a conselleira de Sanidade pola súa proximidade ao Opus Dei.
Pilar Farjas, conselleira de Sanidade
O Consello da Xunta aprobou hoxe un convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Universidade Pontificia de Salamanca. Os alumnos de Psicoloxía deste centro católico completarán a súa formación nos centros asistencias do SERGAS en virtude deste acordo.
“Rectitude de doutrina”
A Universidade Pontificia de Salamanca defínese na súa web como unha institución que “dende a fe cristiá quere axudar a formación integral dos universitarios”. De feito, selecciona aos profesores en función da súa “rectitude de doutrina e a integridade de vida”. Os mestres reciben a advertencia da que “as aulas non son lugar para manifestacións de partidos políticos, ni para iniciativas de outras confesións relixiosas”.
Esta é a primeira vez que a Xunta firma un acordo con esta universidade castelá. Cómpre lembrar que a especialidade de Psicoloxía tamén se cursa en Galicia, na USC. O pacto prodúcese poucos mes de que Pilar Farjas asumise a dirección de Sanidade.
O líder do PSdeG ten criticado a Farjas pola súa asistencia a homenaxes ao cardeal José María Rouco. Manuel Vázquez tamén insinuou que Farjas pretende fomentar as axudas públicas a "unha fundación ultracatólica dirixía por destacados membros da Obra”, en referencia ao Opus Dei.
Descargar Tarifas