PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Naufraxio do 'Cordero'
Pesca non descarta que haxa mortos no interior do buque

E. P Pesca non descarta que algún dos catro mariñeiros desaparecidos tras o naufraxio do arrastreiro 'Cordero' poida estar no interior do buque afundido, que se atopa a 320 metros de profundidade.

Reloxo 16.01.2008 | 12:47
TAGS: naufraxio , mar , Cordeiro , ,

Fala un dos rescatadores do Codero. X.B./R.R.

  "Sempre cabe esa posibilidade", admitiu o director xeral de Recursos Mariños, García Elorriaga, que hoxe compareceu xunto aos medios xunto ao secretario de Estado de Transportes, Fernando Palau, para informar do operativo de rescate, no que de momento só traballan o buque 'Don Inda' e o helicóptero 'Helimer Galicia', debido a que o temporal que causou o naufraxio persiste "con intensidade".

   Fernando Palau explicou que están á espera de que melloren as condicións climatolóxicas outro remolcador e dúas embarcacións Salvamar, do mesmo modo que os helicópteros 'Pesca I' e 'Pesca II' están tamén dispoñibles para relevar ao 'Helimer Galicia' en canto este deba regresar a terra a repoñer combustible.

   O responsable de Fomento indicou que espera que ao longo da mañá melloren as condicións no mar e destacou que "se aproveitará calquera situación máis favorable para mobilizar os barcos e helicópteros", aínda que tamén advertiu de que as predicións apuntan a que o temporal recruará ao longo da tarde.

Persiste o temporal

   No lugar do afundimento, a onde regresou esta mañá o 'Don Inda' tras desprazarse a pasada noite cara ao dispositivo de separación de tráfico de Fisterra, continúan as ondas de máis de seis metros e os fortes ventos de máis de 70 quilómetros por hora, aínda que no día de hoxe rolaron a noroeste.

   Nese senso, Palau explicou que o obxectivo dos medios de rescate, se o tempo o permite, é "cubrir de forma sistemática a zona en torno ao naufraxio", xa que o cambio da dirección do vento provocou que sexa máis difícil prever a traxectoria dos náufragos. O vento que dominaba onte, sueste, afastaríaos da costa, mentres que o que hai hoxe aproximaríaos.

   Ademais, "os detectores térmicos cada vez son menos eficaces" debido a que canto máis pasan as horas, menor é a diferenza entre a temperatura corporal dos mariñeiros e a do mar.

Xestión eficaz

   Finalmente, o secretario de Estado de Transportes defendeu a actuación do dispositivo de rescate e concluíu que "a eficacia na resposta destes medios foi eficaz", tras lembrar que é "imposible" dispoñer de medios alí en cada punto onde existe posibilidade de que se produza un naufraxio.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río