PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Xavier
López Rodríguez
Escritor
Eivados
 23.06.2009 | 17:40

As estradas e a falta de seguridade laboral son algunhas das razóns que hai detrás de moitas persoas con discapacidade física. Entre elas está agora
Franns Rilles, o mozo boliviano que traballaba sen contrato, malia ser o mellor panadeiro do empresario que lle daba un salario miserento por amasar 12 horas diarias. Era o seu mellor operario por iso, porque se vía na obriga de traballar moito, sen garantías de seguridade sanitaria nin laboral. Seguramente era feliz porque non se atrevía a pensar que estaba a ser explotado. Ata que lle caeu un papel na amasadora en marcha e quixo recuperalo. Podería ser a dirección dun empresario que lle ofrecera melloras laborais, ou unha carta da familia. Talvez era un papel sen importancia que quixo rescatar por medo a estragar unha fornada que lle poderían restar da súa soldada. Se non chega a saberse o de Rilles, o panadeiro tería algún cargo de conciencia? Volvería darlle traballo ao seu mellor panadeiro? Coa metade de soldo? Hai 40 anos, nos lugariños da raia tiñan traballo temporal abondosas cuadrillas de seitureiros procedentes de Portugal. Ben mantidos, pero con soldada pequena e ningún seguro. Cunha fouce, non cabía segar brazos. Algunha cabeza de dedo si quedou polas leiras. Se había algunha muller de fondas crenzas, o anaco acabaría enterrado no cemiterio. O ferido sería curado e coidado coma se fose da casa. O progreso encheu as cidades de sitios para desfacerse do lixo e nel acaban, enteiros, fillos non desexados ou membros perdidos en accidente laboral sen cobertura legal. Os modernos patróns deixaron o ferido Rilles lonxe do médico. Tiñan présa por tirar o brazo ó contedor e limpar os restos do sangue na máquina de amasar. Eivados.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río