PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
MESA, UGT, CC OO E CIG
Protesta fronte á Cámara a prol da lingua nas oposicións

Manuel Vilas Galicia será dende hoxe a única autonomía que seleccionará funcionarios sen que teñan que facer nin exame tipo test na lingua propia.

Reloxo 23.06.2009 | 11:03

Protesta contra a reforma da Lei da Función Pública que limita o galego nos exames Protesta contra a reforma da Lei da Función Pública que limita o galego nos exames. Manuel Vilas Esquerda   1 / 6  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Uns trescentos manifestantes están a protestar diante do Parlamento esta mañá. A Cámara vai aprobar hoxe a reforma da Lei da Función Pública que permitirá facer as oposicións á Xunta sen ter que facer nin un exame en galego.

Farao unicamente cos votos a favor do PP, no primeiro paso dos conservadores de derrubar os avances a prol da lingua impulsados polo bipartito.

Na concentración ás portas do Hórreo, convocada pola Mesa pola Normalización, non só había nacionalistas. Ademais da CIG, os sindicatos Comisións Obreiras e UGT secundaron a mobilización. Dos principais sindicatos da función pública, só faltaba o CSIF, próximo aos conservadores.

O presidente da Mesa denunciou que a reforma constitúe un caso de “racismo lingüístico” que crea “cidadáns de primeira e segunda” nunha das “páxinas máis tristes da Historia de Galiza”.

Tamén se deixaron ver varios parlamentarios da oposición, como Carlos Aymerich, Bieito Lobeira, Ana Pontón ou Carme Adán.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río