PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
CONVOCADA PARA O 1 DE XULLO
Internautas chinos irán á folga contra a censura na rede

Redacción .  O porno e as páxinas críticas contra o Goberno estarán fóra do alcance dos chineses a través dun novo programa que virá de serie en todos os computadores.

Reloxo 23.06.2009 | 09:12
TAGS: China , Google , internet , censura ,

Policía chino nun cibercafé Policía chino nun cibercafé Desde distintas páxinas web e blogs, os internautas chineses están convocando a unha folga para o próximo día 1 de xullo para manifestar o seu malestar pola crecente censura dixital no país.

Este día entra en vigor a norma que obriga os fabricantes de computadores a instalar nas máquinas que vendan naquel país un programa que bloquea o acceso ás páxinas da internet que o Goberno chinés considere nocivas. Ademais, nestes días Google cedeu ás presións e eliminará o seu servizo de suxerencias de buscas, pois o Goberno queixouse de que promobía as visitas a sitios pornográficos.

Aínda que o Goberno xustificou a medida co argumento de que deste xeito protexerá os menores dunha navegación perniciosa, os internautas consideran que a ferramenta será utilizada polas autoridades para censurar páxinas críticas co réxime daquel país.

O artista Ai Weiwei, que colaborou no deseño do estadio olímpico de Beixín, fixo un chamamento desde Twitter para que os internautas chineses non naveguen o citado día que coincide, ademais, co aniversario da fundación do Partido Comunista Chinés.

Segundo explicou o artista, este boicoteo é o xeito máis fácil de manifestar o descontento nun país onde o activismo político está perseguido. Trátase, manifesta, de non navegar, enviar correos ou chatear. En definitiva, non usar a internet.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río