PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Rexeita a piscifactoría en Touriñán
O BNG acusa a Xunta de actuar 'en función das grandes empresas'

Redacción .  O portavoz do BNG en materia de pesca, Bieito Lobeira, mostrou hoxe o seu rexeitamento á planta de Pescanova en Cabo Touriñán censurou que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, intente 'recuperalo'.

Reloxo 22.06.2009 | 19:03

Bieito Lobeira, deputado do BNG Bieito Lobeira, deputado do BNG. Otto/AGN Lobeira explicou que ese proxecto "sería moi agresivo desde o punto de vista ambiental e paisaxístico" e porque "sería incompatíbel con outras actividades que se dan na zona como a pesca de baixura e a actividade percebeira".

O deputado nacionalista sitúa a recuperación do proxecto de Touriño "nunha aposta do PP polo desmantelamento subvencionado da flota e pola instalación, tamén moi subvencionada, con fondos públicos, de grandes piscifactorías que benefician grandes grupos empresariais, pero non o conxunto da sociedade".

Ademais, Lobeira fixo fincapé en que "chama a atención" de que á vez que o PP "privilexia a través de subvencións públicas a Pescanova, este grupo empresarial anuncie a entrada en funcionamento en Mozambique dunha gran planta de produción de panga", e que "competirá directamente" co peixe da flota galega.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río