PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Súmase a PNV, ERC, IU, ICV e UPyD
O BNG pide devolver o proxecto de lei da RTVE

Redacción .  O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Unión, Progreso e Democracia (UPyD) tamén optaron por presentar unha emenda á totalidade ao proxecto de lei do Goberno que pretende suprimir a publicidade na Corporación RTVE. Ambas as formacións súmanse deste xeito a PNV, ERC, IU e ICV.

Reloxo 22.06.2009 | 18:58
TAGS: rtve , bng , publicidade ,

Congreso dos Deputados Congreso dos Deputados. Congreso CiU, que descarta unha emenda á totalidade, presentará, se o cre conveniente, emendas parciais, pero que en ningún caso lle pedirá a devolución do texto ao Goberno socialista. Pola contra, BNG e UPyD súmanse ao PNV, ERC, EU e ICV, que presentaron sendas emendas á totalidade do escrito do Executivo.

O BNG non apoia esta iniciativa "porque foi presentada sen consenso cos principais sectores afectados e polos perigos de contaxio que este proxecto de lei poida ter sobre as televisións autónomas”.

Mentres, os nacionalistas vascos esíxenlle ao Goberno que deixe de facer reformas parciais nesta materia e presente no Congreso unha nova Lei Xeral Audiovisual "que recolla unha estratexia integrada dos plans do Goberno en materia audiovisual".

Pola súa banda, ERC-IU-ICV presentaron a emenda á totalidade porque cren que o proxecto de lei conduce a RTVE "a un servizo público débil e cunha forzada tendencia cara á redución da súa incidencia social".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río